PREGOEIRO DAS INTERNACIONAIS FESTAS DO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS 2017

Tamuxe deu lectura ao pregón do Corpus, tomando o relevo do xornalista da Televisión Española, Roi Groba, pregoeiro en 2016

Achádegos cruciformes en Chan do Picón (O Rosal)

Tal e como tiña prometido, achegámonos novamente, ao lugar da "Chan do Picón". Pero, nesta ocasión, na compaña dos amigos Manolo do Picón e Suso Diego de Fornelos, meus vellos e fieis colaboradores. Accedemos pola parte norte, próximo ao Castro do Picón, visitando algunha casa vella, agora está en vías de restauración, que nos mostrou Manolo, seu propietario. Tomamos...

Panorámicas e restos arqueolóxicos no Picón

Coñecemos as fermosas panorámicas e paisaxes da nosa Moi Leal Vila do Rosal, dende os puntos estratéxicos dos montes da xeografía, que conforman o Val do Rosal, que non ten igual. Pero, o que aínda non coñecíamos era, precisamente, as vistas dende o pequeno miradoiro do "pico", alto do Picón de Arriba, na xuradía de Fornelos. Alá fomos, pois, a miña dona e máis...

Reiterando a miña gratitude á nosa vila, O Rosal

A pesares de que xa din o meu agradecemento in situ, e o propio día en que se tributou a homenaxe, quero tamén deixar aquí na miña páxina, as verbas que pronunciei publicamente naquel sinxelo pero cordial acto do 12 de outubro na XXVIII Festa do Cabaqueiro. Foime imposta polo alcalde, a insignia do Concello do Rosal e, entregada pola edil de Cultura, unha figura...

Este 2015 fai 40 anos da miña primeira publicación

Volvo a escribir no meu blog para lembrar un libro que leva por título LA VÍA ROMANA "PER LOCA MARÍTIMA" POR EL BAJO MIÑO Y COSTA ATLÁNTICA. Este libro, que data de 1975, foi a miña primeira publicación. Disto fai neste 2015, nada máis e nada menos que 40 anos. Tamén foi a primeira vez que empreguei o seudónimo TAMUJE (TAMUXE). O libro consta, entre texto e ilustracións...

O bispo de Tui, Rosendo Salvado, oriundo do Rosal

O pasado 1 de marzo do ano que vén de rematar, Tui celebrou solemnemente o bicentenario do nacemento (1814-2014) de Frei Rosendo Salvado*, bispo de Nova Nursia (Australia). O bispo Lucas José Rosendo Salvado Rotea, naceu en Tui na rúa Riomolinos no 1814. Certamente natural da cidade tudense, pero tamén, queremos lembrar, oriundo do concello do Rosal, por seu pai,...