Presentouse o libro Orgulho Galego na Diáspora. Conversa con Higino Martins Estêvez
13:13
Xoán Martínez Tamuxe
Este libro Orgulho Galego na Diáspora. Conversa com Higino Martins Estêvez, leva o limiar de Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural, consta de 73 páxinas, con ilustracións a cor e en branco e negro. Esta obra é unha extraordinaria aportación á futura biografía do ilustre oiense, o escritor, investigador e profesor Higino Martins Estêvez, residente en Buenos Aires.
Novo libro de Joaquín Miguel Villa Álvarez
03:39
Xoán Martínez Tamuxe
Con motivo do L Aniversario da fundación do Colexio dos PP. Somascos de A Guarda, a
organización do dito evento, en colaboración co propio colexio, programou multitude de actividades deportivas e culturais. De todas elas cabe destacar a publicación do libro Colegio PP. Somascos de A Guarda (1957-2007) . 50 años de presencia somasca en España, da autoría de Joaquín Miguel Villa Álvarez, doutor en Historia e profesor dese colexio.
Asistimos como antigo profesor e convidado ao acto da presentación desta obra que se levou a cabo no Salón dos Espellos o pasado día 12 de xullo. Presidiron o acto o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o representante da Comisión do L Aniversario do colexio dos PP. Somascos, Juan Carlos Flores Álvarez, o Pai Vidal, e o propio autor, Joaquín Miguel Villa Álvarez. Esta obra consta de 500 páxinas, ilustradas con fotografías dende a propia creación do centro ata a actualidade. Está dedicada ao P. Orestes Caimotto por ser un dos máis activos directores do colexio.
IV Romaría da Madanela na Pedrada
06:15
Xoán Martínez Tamuxe
Jean-Pierre e Marie-Claude Auffret no Rosal
14:51
Xoán Martínez Tamuxe