PREGOEIRO DAS INTERNACIONAIS FESTAS DO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS 2017

Tamuxe deu lectura ao pregón do Corpus, tomando o relevo do xornalista da Televisión Española, Roi Groba, pregoeiro en 2016

O Centro Social e Cultural de Baíña rematou o "Maio Cultural 2009" coa sardiñada anual

Recentemente visitamos Santa Mariña de Baíña, no concello de Baiona. Unha das poucas parroquias da diocese de Tui-Vigo que conta cunha publicación da súa historia. Esta leva por título Santa Mariña de Baíña e o eremitorio de San Cosme. A parroquia remóntase ao século XII. Dita publicación foi financiada pola Comunidade de Montes en colaboración do seu Centro Social e Cultural....

Celebráronse as Pascuillas na honra da Nosa Señora da Franqueira (A Cañiza)

O pasado luns de Pascua do Espírito Santo, día 1 de xuño, celebrouse no románico santuario da Nosa Señora da Fonte ou da Franqueira (concello da Cañiza) a tradicional “Festa das Pascuillas”. Moi de mañanciña, dende as parroquias da bisbarra do Condado-Paradanta e aínda doutras freguesías, saen os fieis en procesión coas imaxes máis devotas da parroquia camiño da Franqueira....