Tras crear en 2008 este pequeno espazo en internet, retomo agora, catro anos máis tarde, neste 2012, e xa en serio, a actividade informativa e de aportación histórico-cultural sobre os elementos máis importantes do noso patrimonio.
Aquí falarei das miñas viaxes, experiencias, dos meus estudos, publicacións, etc.
Agardando que algunha información da páxina te sexa de utilidade -ou cando menos poida ser do teu interese- recibe un cordial saúdo.
Xoán Martínez Tamuxe
O Rosal, 27 de abril de 2012.