Ermida do Doce Nome de Xesús no Castro de Troña


Velaquí vos deixo o meu último artigo, publicado na revista Pregón 2016, titulado "Ermida de Doce Nome de Xesús no Castro de Troña (II)".

Continuamos o estudo histórico desta ermida  que era e segue sendo da parroquia e tamén moi antiga. Este santuario menor, tamén frecuente e impropiamente denominado capela , contou para as súas reparacións (obras e melloras), e cultos solemnes na festa do seu titular, con medios económicos suficientes da correspondente cofraría .

Seguindo os diversos documentos que atopamos no Arquivo Histórico Dicoesano de Tui, damos a coñecer, nova, curiosa e interesante información sobre as capelas (ermidas) da parroquia .
Como podemos verificar o estado económico da nosa ermida o Doce Nome de Xesús era ben diferente á triste e lamentable, que se dicía e pensaba do da ermida de Santa Trega. Aínda que, si ben observamos, parece que tal situación só era aparente, relativa.
Neste documento, unha solicitude ao prelado diocesano, o abade de Pías no seu nome e dos cofrades da devoción ao Doce Nome de Xesús, fai unha petición tan delicada como especial e atrevida. O abade comeza o seu escrito lembrando: "que en esta feligresía ay (sic) dos capillas anexas a esta parroquia; la una, extramuros del pueblo de advocación del Dulce Nombre de Jesús con cofradía canónicamente fundada y fondos suficientes para su subsistencia a la que es sumamente edificativa el concurso y devoción de este pueblo y de los comarcanos, no sólo en los días festivos de todo el año, sino también en los mismos de semana, sueltos".



A seguir alude á de Santa Trega, tanto aos escasos medios ("bienes incultos y montañosos") como á "grande distancia a la Iglesia; al mal camino; en sitio desierto y solitario", así como ao estado desastroso da súa ermida. Esta foi reedificada (refundada dita obra pía) en 1713 polo veciño D. Santiago Pérez de Lira.
Lembra o abade que na actualidade (1818) esa ermida se atopaba sen medios para subsistir e anota "se halla incapaz para celebrar en ella los divinos oficios y amenazando una próxima y general ruína y no sólo será escandalosa, si no gravemente perjudicial".
Ante tal catastrófica situación do santuario de Santa Trega, tal como parecía, o crego no seu nome e dos cofrades devotos, membros da Cofraría do Doce Nome, formula a súa petición decidida, e coido pensando fora posible solución a semellante problema.



E así, pois, a plantexa ofrecéndose ao bispo "que mediante los hermanos de la Cofradía del Dulce Nombre de Jesús tienen determinado vajo (sic) el beneplácito de V.S.Y. realizar ciertas obras en su capilla para mejor comodidad y decencia de los divinos oficios, que en ella se celebran en los días determinados a este fin, y siendo dicha capilla de suficiente capacidad para colocar en ella otro altar además del único, que tiene de su dulcísima devoción en que se puede poner la Gloriosa Santa de la otra capilla".
E remata o párroco de Pías, señor Alonso Carballo, suplicando ao bispo, monseñor García Benito, que por efecto "de su generosa piedad se digne mandar demoler la citada capilla de Santa Tecla y por cuenta de los recordados hermanos de el Dulce Nombre de Jesús, se conduzca la piedra, madera y teja que sea útil y se necesite para la reedificación de esta y de hecho colocar en ella otro altar con la imagen de aquella en donde con más comodidad y devoción pueda ser venerada y visitada de sus devotos y permanecer allí ilesa vajo (sic) los fondos de dicha Hermandad".



O bispo (10 de xuño de 1818), case a volta de correo, ordena e informa que esa capela de Santa Trega é "obra pía colativa " achándose dotada dos correspodnentes bens, dereitos e as cargas de misas. E curiosamente (dicimos nós) no oficio do bispo tudense, lembra que -precisamente- "por sentencia fecha de ayer (9 de xuño) hemos adjudicado (dita capela colativa) a D. Ramón Bugallal y Conde, clérigo de prima tonsura (aínda non presbítero), natural de Ponteareas".



Segue anotándose no decreto episcopal, determinante e rotundo que "no ha lugar a la solicitud que comprende este memorial, previniendo el abad o cura de Pías y demás personas a quienes corresponda... cuiden de su puntual y exacto cumplimiento".
Decreto este, fechado en Tui o 10 de xuño de 1818, e asinado segundo orde do prelado, polo Provisor Gobernador do Episcopado tudense, -nós lemos- o Lic. Revoles (con rúbrica).

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE