LEMBRANDO AO AMIGO ALEJANDRO MÍGUEZ ÁLVAREZ
08:02
Xoán Martínez Tamuxe
Hoxe, 23 de outubro, fai un mes do pasamento do carísimo
amigo Alejandro Manuel Míguez Álvarez.
Home culto, noble, de singular capacidade de traballo,
exemplar marido e pai de familia e amigo do amigo.
Naceu na parroquia de Santa María de Taboexa (As Neves)
hai 79 anos.
Alejandro estudou a carreira eclesiástica no Seminario de
Tui, onde logo foi profesor....
NOVO LIBRO DE XABIER AÑOVEROS TRÍAS DE BES
13:51
Xoán Martínez Tamuxe

Esta nova publicación dun catalán, xa fillo adoptivo de
Tui, acaba de presentar un novo libro titulado Vidas paralelas tudenses. Nome que toma do celebrado historiador
grego Plutarco, quen con ese título, “Vidas paralelas” escribiu no século I.
Añoveros, ilustre avogado, notable investigador, fino
escritor, é autor xa de diferentes obras de carácter histórico, boa parte...
ROMARÍA DE SANTA TREGA (A GUARDA). SETEMBRO, 2013
13:45
Xoán Martínez Tamuxe
Alí estivemos na misa solemne celebrada ás 11:30 horas na
súa ermida. Oficiou a Eucaristía o párroco de Santa Isabel de Camposancos,
Ángel Soliño, asistido polo abade de Santa María da Guarda, Jesús Villadóniga,
o somasco pai Vidal e o capelán das Doroteas de Tui, José Luis Blanco.
A homilía, longa e interesante, correu a cargo do preste
Sr. Soliño, que analizou...
INAUGURACIÓN DA NOVA ADEGA "LAGAR DE CERVERA", EN FORNELOS, VILA DO ROSAL (PONTEVEDRA)
13:37
Xoán Martínez Tamuxe
Aínda que pasaran varias semanas, quero deixar constancia
no meu blog de todo un acontecemento na nosa vila e con repercusión no Baixo
Miño e aínda en Galicia. Refírome á inauguración da nova adega Lagar de
Cervera.
Data singular e ata providencial en que se conmemora o
XXV aniversario da Rioja Alta S.A., nas Rías Baixas.
Magnífico edificio con fachada...