NOVO LIBRO DE XABIER AÑOVEROS TRÍAS DE BES

Esta nova publicación dun catalán, xa fillo adoptivo de Tui, acaba de presentar un novo libro titulado Vidas paralelas tudenses. Nome que toma do celebrado historiador grego Plutarco, quen con ese título, “Vidas paralelas” escribiu no século I.

Añoveros, ilustre avogado, notable investigador, fino escritor, é autor xa de diferentes obras de carácter histórico, boa parte delas sobre temas tudenses.

Xabier Añoveros Trías de Bes, que tamén é membro directivo do “Instituto de Estudios Tudenses”, aborda no seu libro 20 biografías de preclaros tudenses que estuda, relaciona e compara. Biografías que van dende santos a bispos, de xuristas a filósofos, dende historiadores a políticos e dende ministros a escultores e literatos.


No Salón de Plenos do concello de Tui, o alcalde en funcións Nicolás Lorenzo Montes, fixo a presentación do autor desta interesante e novidosa publicación.


A seguir, Añoveros presentou o seu libro, rematando dito acto coa intervención deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, quen agradeceu tanto a presenza dos asistentes, como tamén á Excma. Deputación de Pontevedra, quen editou a presente obra. Esta leva prólogo (a modo de carta) do tudense Juan Ramón Aparicio González, conservador do Patrimonio Nacional. O libro consta de 239 páxinas e atópase adecuadamente ilustrado.