PREGOEIRO DAS INTERNACIONAIS FESTAS DO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS 2017

Tamuxe deu lectura ao pregón do Corpus, tomando o relevo do xornalista da Televisión Española, Roi Groba, pregoeiro en 2016

In memoriam. Finou o crego D. Feliciano Trigo Díaz

IN MEMORIAM FELICIANO TRIGO DÍAZ O pasado 25 de setembro do presente ano, entregou a súa alma ao Creador, o Rvdo. D. FELICIANO TRIGO DÍAZ.  Finou o noso caro amigo na Residencia Sacerdotal de Vigo á idade de 93 anos ben aproveitados. Naceu Feliciano o 29 de marzo de 1923 na parroquia de Santa María de Caleiro (Vilanova de Arousa) Feliciano, xa con...

Ermida do Doce Nome de Xesús no Castro de Troña

Velaquí vos deixo o meu último artigo, publicado na revista Pregón 2016, titulado "Ermida de Doce Nome de Xesús no Castro de Troña (II)". Continuamos o estudo histórico desta ermida  que era e segue sendo da parroquia e tamén moi antiga. Este santuario menor, tamén frecuente e impropiamente denominado capela , contou para as súas reparacións (obras e melloras),...

Último achádego de cruciformes en Loureza (Oia)

Sen lugar a dúbidas que estes cruciformes que se atopan no lugar de Barrio Novo, son testemuño da Evanxelización da parroquia de Loureza, en Oia (Pontevedra). Tivemos noticia deste petróglifo histórico en 2013 mediante información e pista ofrecida polo amigo Rogelio, daquel lugar. El mesmo nos acompañou ao Barrio Novo, onde vive. Só agora determinamos dalo a coñecer...

Eitor Martins publica "Un novo amanhecer"

Fai pouco e con certa demora recibín mediante o noso común parente Benito, esta por agora, última publicación realizada o pasado 2015 polo noso estimado e culto amigo brasileiro Eitor Martins. E este é o presente e seu máis recente libro: Um novo amanhecer. Aínda que tamén se trata do seu libro máis pequeno (en tamaño, pois ten 140 páxinas) non é tal en interese nin...

Un petróglifo do Rosal de máis de 4000 anos

Espiral de Chan do Picouto. Foto realizada en 1999 Esta é a segunda parte do noso artigo sobre a espiral de "Chan do Picouto" nos Montes do Campo do Couto. (Podes ler a primeira parte aquí). Dito petróglifo rosaleiro pertence á coñecida Arte Rupestre. A súa datación, atópase entre as Épocas do Cobre e do Bronce. Isto quere dicir que se trata dun documento, un testemuño...

Noraboa á Comunidade de Montes de Santa Mariña

Noraboa á nosa Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, pola orixinal idea de ilustrar o seu pequeno almanaque de mesa do presente 2016, con desexo de feliz ano, coas figuras do citado e simbólico espiral de Chan do Picouto en Campo do Couto e coa Cruz da Portela (Sanxián). Sen dúbida é unha forma loable de dar a coñecer o noso rico patrimonio arqueolóxico,...

Gravados de "Chan do Rei" e "Presa de Novellos"

Detalle dos cervos de Chan do Rei (Marzán-O Rosal) A recuperación do petróglifo de Ghorghalado, en Eiras, sen lugar a dúbidas, é un detalle de loable sensibilidade cultural, tanto por parte da Comisión de Cultura, como de toda a Corporación que preside o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela. Presentación do petróglifo de Ghorghalado É este o primeiro conxunto...

Novo libro do escritor rosaleiro José M. de Sousa

O distinguido escritor rosaleiro, noso caro amigo José Martínez de Sousa*, acaba de presentar esta coñecida publicación, na súa 5ª edición, agora revisada. Saíu de Ediciones TREA, S.L., de Gijón (Asturias) recentemente e acaba de chegarnos, polo que acusamos recibo. Lembramos que a súa 1ª edición viu a luz en marzo de 2000. Leva dedicatoria: PARA PILI, mujer...

Descubrimento dun novo conxunto prehistórico

Cando facemos esta reseña descoñecemos sobre estes gravados en San Xoán de Tabagón (O Rosal), calquera bibliografía escrita. Dito conxunto rupestre, de reducidas dimensións, atópase insculturado nunha pedra xistosa, propia da zona. Emprázase no barrio da Portela, nos montes coñecidos por Ladaíñas*, ladeira SO, próximo e por riba dos chalets máis altos. Dende alí divísase...