PREGOEIRO DAS INTERNACIONAIS FESTAS DO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS 2017

Tamuxe deu lectura ao pregón do Corpus, tomando o relevo do xornalista da Televisión Española, Roi Groba, pregoeiro en 2016

FESTAS NA HONRA DO SANTO CRISTO DA SAÚDE DE UMA

O pasado domingo 5 de agosto, a parroquia de San Andrés de Uma (Huma) celebrou solemnes festas relixiosas en loubanza do Santo Cristo da Saúde. Así mesmo, festas profanas por todo o alto. Esta parroquia, a máis pequena e alonxada da súa capitalidade, Salvaterra de Miño, aparece xa citada na Historia no século XIII. Huma foi filial da monacal parroquia de...

ACHÁDEGO DUN NOVO GRAVADO RUPESTRE EN EIRAS (O ROSAL). A SÚA DESCUBRIDORA, PALMIRA (CRIS) VAQUERO

Coñecín a Palmira (Cris) fai un mes, aproximadamente, cando contactou comigo para falar sobre os petróglifos do Rosal, especialmente dos que se coñecían en Eiras e Tabagón. Contoume que xa tiña pistas da existencia de varias estacións de gravados. Convidounos a coñecer a zona de montes de Eiras, próximos e xa límite cos de Tabagón, zona da Portela. Non puidemos...

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ÁNGELES VEREA CASTELO

O pasado 15 de xuño presentouse no Centro Cultural da vila da Guarda o libro Os desprazamentos estacionais dos telleiros do Baixo Miño (1750-1899), da autoría da profesora Mª de los Ángeles Verea Castelo. Libro –perfecta síntese da súa tese doutoral- que foi merecedor do XV Premio de Investigación Jesús Ferro Couselo (2010), convocado polo Concello de Valga. Nós...

NOSA SEÑORA DA FONTE, NA FRANQUEIRA (A CAÑIZA)

O pasado luns, 28 de maio, celebrouse unha das máis devotas e populares romarías de Galicia: “As Pascuillas”. A esta romaría, a maioría das imaxes xa chegan en carrozas: “O Rocío” galego. A outra celebración ten lugar o 8 de setembro. Ambas festas na parroquia da Franqueira (A Cañiza), na antiga igrexa monacal da Orde do Císter, románica, do século XIII. Este...

TAMUXE REPRESENTOU A O ROSAL NO VIII CONGRESO INTERNACIONAL DE MOLINOLOGÍA. GALICIA 2012

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe presentou o domingo 29 de abril en Tui a comunicación titulada Muíños de O Folón e O Picón (O Rosal, Pontevedra) no VIII Congreso Internacional de Molinología. Innovación y Ciencia en el Patrimonio Etnográfico. Tamuxe comezou a súa intervención dentro do bloque temático "Arquitectura, estudio y rehabilitación...

BENVIDO/A AO BLOG DE XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE

Moi boas e benvido/a ao meu blog. Tras crear en 2008 este pequeno espazo en internet, retomo agora, catro anos máis tarde, neste 2012, e xa en serio, a actividade informativa e de aportación histórico-cultural sobre os elementos máis importantes do noso patrimonio. Aquí falarei das miñas viaxes, experiencias, dos meus estudos, publicacións, etc. Agardando...

TAMUXE INTERVIRÁ CUNHA COMUNICACIÓN NO VIII CONGRESO INTERNACIONAL DE MOLINOLOGÍA

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe presentará a comunicación titulada Muíños de O Folón e O Picón (O Rosal, Pontevedra) no VIII Congreso Internacional de Molinología. Innovación y Ciencia en el Patrimonio Etnográfico que se celebrará na Área Panorámica da cidade de Tui os días 28, 29 e 30 de abril. Tamuxe comezará...

"CENTENARIO LA VOZ DEL TECLA. SEMANARIO CATÓLICO E INDEPENDIENTE. 1911- 2011". ÚLTIMO LIBRO DE TAMUXE

O último libro publicado por Tamuxe leva por título Centenario “La Voz del Tecla”. Semanario Católico e Independiente. 1911-2011. O prólogo é do historiador e profesor Joaquín Miguel Villa Álvarez. Consta de 63 páxinas, ilustrado en branco e negro. Está editado pola Asociación Infomaxe e Muller Camiña con Nós. Neste traballo de investigación recóllense...

LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO EN VILAMEÁN

Sobre publicacións de libros, cabe lembrar o que, a propósito da restauración de cinco muíños, lles foi encargado a Juan Ramón Martínez Barbosa e a Xoán Martínez Tamuxe polo Concello de Tomiño (Delegación Municipal de Cultura). O presente libro leva por título Muíños do Porto en fervenza. Patrimonio Etnográfico de Vilameán – Tomiño. A publicación foi editada...

MEMORIA DE LEMBRANZA AO CABAQUEIRO 2011

Con motivo da anual Festa en homenaxe e lembranza dos cabaqueiros, xa na XXIV edición, Tamuxe publicou en 2011, a correspondente Memoria-crónica do pasado ano. Consta de 45 páxinas. Ilustrada en branco e negro. Leva presentación de Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura do Rosal. Obradoiro para nenos/as. Participantes no II Campionato de Futbolín “Os Cabaqueiros”....

PRESENTACIÓN DO SEGUNDO NÚMERO DA REVISTA CASTELLUM TYDE DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES

O 26 de febreiro de 2010 presentouse na Área Panorámica de Tui o segundo número da revista Castellum Tyde, do Instituto de Estudios Tudenses. Interviron no acto, Clodio González Pérez, Silvia González Soutelo e Xoán Martínez Tamuxe, que foron un a un, desglosando e resumindo os temas desta nova publicación, que consta de 312 páxinas. -Eliseo Alonso...