En 1974 matricúlase na Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Historia. Secularizouse en 1975-76. En 1977 traballa como secretario da Cámara Agraria Local da vila do Rosal. Por concurso de méritos a Delegación Provincial de Cultura, nomeouno en 1979 Garda-Encargado do Conxunto Histórico de Santa Trega e Conservador do Museo Arqueolóxico.
Premio Literario I Certame Xornalístico da Cidade de Tui (1973). Foi correspondente e colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, La Hoja del Lunes, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Peneira, etc., así como correspondente de Radio Popular de Vigo en Baiona.
Exerceu como profesor en colexios e academias de Ponteareas, A Guarda e Baiona. Cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño (1968), do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui (1974), da Biblioteca, Museo Etnográfico e Boletín Histórico Cultural do Concello do Rosal, así como do Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea (2003).
En 2015, nunha homenaxe pública na súa vila natal, recibiu a insignia do Concello do Rosal "en recoñecemento pola súa labor histórica e de investigación da cultura rosaleira".
En xullo de 2017 foi designado pregoeiro do Corpus Christi de Ponteareas (Festa de Interese Turístico Internacional).