O bispo de Tui, Rosendo Salvado, oriundo do Rosal
13:27
Xoán Martínez Tamuxe
O pasado 1 de marzo do
ano que vén de rematar, Tui celebrou solemnemente o bicentenario do nacemento
(1814-2014) de Frei Rosendo Salvado*, bispo de Nova Nursia (Australia).
O bispo Lucas José
Rosendo Salvado Rotea, naceu en Tui na rúa Riomolinos no 1814. Certamente
natural da cidade tudense, pero tamén, queremos lembrar, oriundo do concello do
Rosal, por seu pai, Pedro Bernardo Salvado, ser natural de San Bartolomeu das
Eiras.
Polo tanto, Frei Rosendo,
era fillo do referido Pedro Bernardo, que sendo salmista na catedral de Tui
(cantor en cultos relixiosos) e aínda sochantre provisional (director do coro
nos oficios divinos), casouse en Tui con María Francisca Rotea Núñez.
Frei Rosendo, o penúltimo de sete irmáns, estudou tanto no Seminario de Tui, como no mosteiro de San Martín
Pinario de Santiago.
Debido á
Desamortización, tivo que marchar a Nápoles, onde foi ordenado sacerdote en
1839. No 1846 atópase xa de misioneiro en Australia. Aquí fundou a coñecida
abadía de Nova Nursia. Foi bispo de Vitoria e grande defensor dos aborixes
australianos. Rexeitou os bispados de Porto Rico e de Lugo.
Tamén trouxo sementes
de eucalipto e de acacia (1860) a Galicia, cuestión que tivo moitos
detractores.
Monumento obra de Alfonso Quinteiro, en Tui
*Frei Rosendo finou
santamente en Roma (Italia) o 29 de decembro de 1900. Foi un home polifacético,
como alguén lembrou: “Misioneiro, bispo, músico, aventureiro, escritor,
indixenista, abade, fundador…”
O día 7 de abril de
2002 a vila tudense descubriu unha praca de mármore colocada na fachada da casa
onde nacera o bispo de Puerto Victoria, de Aduani e e abade de Nova Nursia.
¡Sirva esta pequena
lembranza como humilde homenaxe do pobo do Rosal!