O Centro Social e Cultural de Baíña rematou o "Maio Cultural 2009" coa sardiñada anual

Recentemente visitamos Santa Mariña de Baíña, no concello de Baiona. Unha das poucas parroquias da diocese de Tui-Vigo que conta cunha publicación da súa historia. Esta leva por título Santa Mariña de Baíña e o eremitorio de San Cosme. A parroquia remóntase ao século XII. Dita publicación foi financiada pola Comunidade de Montes en colaboración do seu Centro Social e Cultural. Esta activa entidade tamén este ano tivo un amplo programa socio-deportivo-cultural. Nel desenro-láronse diferentes actividades ofertadas aos seus preto de 200 socios. Aquelas versaron sobre alfabetización, ximnasia, clases de tuna para novatos, sobre internet, aerobic, baile, actuación da tuna e grupos de teatro. Dentro do "Maio Cultural 2009" o Centro convidou aos seus socios e amizades o sábado 6 de xuño a "pasar un rato máis agradable todos xuntos degustando sardiñas con pan". Neste acto a presidenta do Centro, Almudena Leyenda Gómez, fixo entrega de valiosos obsequios (placas) aos responsables de varias actividades. Fixo a presentación dende o palco levantado na explanada do Centro, así como da entrega dos agasallos o popular baionés Pepe Costas Miniño. Esta típica sardiñada, hoxe na súa IV edición, estivo harmonizada pola actuación da agrupación folclórica "Airiños da Lagoa" de Baiona. Alí tivemos a oportunidade de saudar entre outros ao alcalde de Baiona e aos membros da Comunidade de Montes e do Centro Social e Cultural.