PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA CASTELLUM TYDE DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES

Xosé Carlos Valle, Xoán Martínez Tamuxe e Rafael Sánchez Bargiela durante a presentación de "Castellum Tyde"


O luns 24 de marzo de 2008 tivo lugar no Museo Municipal de Tui a presentación do primeiro número da revista “Castellum Tyde” do Instituto de Estudios Tudenses.
O secretario desta asociación, Rafael Sánchez Bargiela deu a benvida ao numeroso público asistente, facendo unha breve reseña biográfica do convidado para tal evento, o director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle Pérez, que procedeu á presentación da revista.
Na súa intervención salientou Valle Pérez a loable “revitalización do Instituto” que fora fundado no ano 1991 e que agora, despois de máis de 15 anos rexurde das súas cinzas coa publicación dunha revista que ten que ser “un referente xa non só na provincia, senón internacionalmente, debido á historia e á situación estratéxica de Tui”, realizando unha breve reseña das colaboracións literarias de cada un dos asinantes. Pechou as intervencións o presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Xoán Martínez Tamuxe, facendo un percorrido cronolóxico, dende os 9 cofundadores desta asociación histórico-cultural ata o novo ingreso o ano pasado de 7 membros máis de recoñecido prestixio no mundo das letras e da investigación. Rematou dando ás grazas a cantos se achegaron ata o antigo Convento de San Domingo –sede do Instituto- desexando que aínda que a periodicidade da revista vai a ser anual, se poida facer un número extra dedicado á figura do ilustre tudense Xosé María Álvarez Blázquez, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.



Estes son os temas incluídos nunha revista que consta de 272 páxinas, ilustradas con fotografías en blanco e negro e que foi editada con fondos propios do Instituto.

-Presentación.
-Aquilino González Santiso. (Xoán Martínez Tamuxe).
-Castellum Tyde ou a existencia dun xacemento castrexo no conxunto histórico da cidade de Tui. Elementos de valoración. (Juan José Perles Fontao).
-Los juegos medievales sobre tablero en piedra de la catedral de Tui (Pontevedra). Por José Manuel Hidalgo Cuñarro.
-Aportación ao estudo da identificación, antigüidade e cristianización das primeiras parroquias da sede episcopal de Tui citadas no II Concilio de Braga no 572. (Xoán Martínez Tamuxe).
-Los antiguos palacios episcopales tudenses. (Ernesto Iglesias Almeida).
-La capilla de Santa Catalina y el palacio episcopal de Diego de Muros en la Catedral de Tui. (Marta Cendón Fernández).
-Domingo Rodríguez de Pazos. Autor del retablo mayor de la colegiata de Cangas. (Jesús Casás Otero).
-Parlamentarios tudenses. Da Guerra da Independencia ao Directorio (1808-1923), por Rafael Sánchez Bargiela.
-Tuy y la Guerra de la Independencia. Información de los acuerdos del cabildo de la Catedral. (Avelino Bouzón Gallego).
-El teatro principal de Tui, lucha del pueblo por su recuperaicón. (Jaime Garrido Rodríguez).
-Estatutos do Instituto de Estudios Tudenses.
-Normas para a presentación de orixinais para "Castellum Tyde". Revista do Instituto de Estudios Tudenses.